«Fun co meu tío ao Marineda e acabei no circuíto de Alonso»

O adolescente carballés Guille Botas ten o domingo en Asturias unha opción para meterse no mundo das carreiras

«Fun con meu tío ao Marineda e acabei no circuíto de Alonso» O adolescente carballés Guille Botas ten o domingo en Asturias unha opción para meterse no mundo das carreiras
j. v. l.

Guillermo González-Botas Lago (Carballo, 2004) acaba de acadar unha invitación para correr o domingo en Asturias unha proba de kárting no circuíto Fernando Alonso. O propio pai do piloto de Fórmula 1 foi quen lle entregou o bólido co que competirá e que lle dá unha opción para meterse no máis que complicado mundo das carreiras. Onte estivo en Radio Voz Bergantiños co seu padriño, Fernando Botas, quen explicou que este é un compromiso de toda a familia, xa que están aproveitando a experiencia do rapaz para pasar todos «un buen rato» e para «aprender».

-¿Como comezou isto, porque foi un pouco casualidade, non?

-Guille: Si, foi en decembro no centro comercial Marineda City. Fun ata alí co meu tío, que nos levou a miña prima de Suíza e mais a min. Fomos aos karts e dixéronme que se podía que me apuntase á Factoría de Pilotos. Fixen a primeira proba no circuíto do Marineda e paseina. Despois fixen a segunda xa no circuíto Fernando Alonso, cun kart de competición e tamén a pasei, polo que me deron unha bolsa para correr esta fin de semana unha carreira do campionato asturiano, así que este domingo 23 teño carreira.

-¿Como son estes karts e que velocidade collen? ¿Hai moita diferenza entre dentro e fóra?

-G: É totalmente distinto. Eu creo que correra así en circuíto fóra unha vez en Vimianzo, pero nunca probara un kart de competición, que ao final da recta pode chegar ata os 100 quilómetros por hora, depende do circuíto. En todos cansa, pero no Fernando Alonso, bastante menos. Para esta carreira dannos a todos o mesmo motor, as mesmas rodas e incluso o mesmo tubo de escape e a gasolina.

-Tamén xogas ao fútbol nas escolas do Bergantiños. ¿Como fas para estudar e para todo?

-G: De mércores a venres toca adestrar no fútbol e despois as fins de semana, cando en teoría tería que ir xogar os partidos, se toca co kart pois non podo ir, teño que adestrar con el.

-Participa toda a familia

-Fernando: Intentamos involucrarnos un poco todos porque los costes son muy altos y tratamos de que cada uno tenga una función, porque los fines de semana son prácticamente para esto. Aunque corremos fuera -también haremos alguna en Galicia- vamos con la escudería + Motor de Carballo, porque queremos que la gente de aquí se implique no solo en lo económico.

Votación
24 votos
Comentarios

«Fun co meu tío ao Marineda e acabei no circuíto de Alonso»