Sor Matilde

La Voz IN MEMORIAM

CARBALLO MUNICIPIO

20 ene 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O día 18, aos 102 anos e dos meses, o Señor chamou á súa presenza a Sor Matilde, despois de 85 anos de consagración como Filla da Caridade. Toda unha vida adicada a vivir a raíña das virtudes, a Caridade. Levaba en Carballo 41 anos. Foi catequista mentres a saúde llo permitiu, visitaba aos enfermos, consolábaos e leváballe a Sagrada Comunión. Hai uns anos que estaba enferma, pero as irmás, fillas da caridade, coidárona cun cariño exemplar

Onte despedímola na igrexa de San Xoán coa eucaristía e recibiu cristiana sepultura no camposanto de Carballo, onde repousan as fillas da caridade falecidas.

Sor Matilde Vazquez Fernández naceu na Teixería (A Ribeira Sacra, Ourense), o 25 de setembro de 1914. Comezou o noviciado para entrar nas fillas da caridade o 8 de setembro de 1932, en Madrid. O primeiro destino foi Bustiello, un sanatorio en Avilés (Asturias).dnde setembro 1933 a outubro 1943. Dende esta data ata setembro 1971 estivo nun asilo para nenos, na Coruña. Pasou entre setembro de 1971 ata novembro 1973 en Llarames (Avilés) para un colexio da Milagrosa.

De novembro 1973 a xuño 1975 estivo en San Martín de Laspra (Asturias). En xuño 1975 veu para o Colexio da Virxe da Milagrosa, en Carballo, onde faleceu. Unidade parroquial de Carballo.