«Menú da Fala» en Carballo e Cee

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

MARTINA MISER

Carlos Blanco e Luís Davila chegarán hoxe, ás 21.00, ao Pazo carballés

16 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e mañá • 21.00 horas • Pazo e Casa da Cultura • O DAC-Outono Cultural, un programa de espectáculos desenvolvido pola Deputación durante os meses de novembro e decembro para achegar as figuras de Castelao, Manuel María e as Irmandades da Fala a público de todas as idades de 18 concellos, chegará á súa fin este de semana nas localidades de Carballo e Cee. Na primeira delas, será esta noite, ás 21.00 horas, no Pazo, cando se suban ao escenario Carlos Blanco e Luís Davila: farano con Menú da Fala, unha posta en valor do idioma a través do humor e debuxos. As invitacións para este espectáculo en Carballo xa están esgotadas. Non obstante, quedará aínda a oportunidade de velo mañá en Cee: será na Casa da Cultura, ás 20.15 horas. Segundo informa o Concello, a retirada de entradas poderase facer na billeteira xa dende unha hora antes á función.