«Temos unha carpa de 500 metros así que colleremos todos»

El barrio carballés honra hoy y mañana a la Pilarica


Óscar Álvarez Couto é un dos integrantes da comisión de encargada de organizar as festas carballesas da Pilarica. As celebracións terán lugar hoxe e mañá no barrio do Chorís e volverán atraer a veciños de todo o municipio. Álvarez falou onte do programa de actos nos micrófonos de Radio Voz en Carballo.

-¿Todo listo xa para a celebración?

-Si, xa está todo preparado. Só quedan os últimos flecos.

-¿Haberá carpa?

-Si, temos unha carpa este ano de 500 metros cadrados. Despois da que caeu o ano pasado xa nos curamos en saúde. Colleremos todos perfectamente.

-¿Que teñen preparado para estas dúas xornadas de festa?

-Mañá [por hoxe] haberá verbena con Metrópolis e New York, que son os que eran Philadelphia. E o mércores [por mañá] haberá bombas de palenque, a charanga Mekánika e o grupo de gaitas Lembranzas de Bergantiños percorrendo as rúas todas do Chorís saíndo desde o Concello. Á unha e media será a misa solemne alí no campo da festa, a orquestra Caramelo na sesión vermú e xa pola tarde teremos o campionato de chave e atraccións para os nenos: tres inchables grandísimos e touro mecánico, porque son os que máis a desfrutan.

-¿Canto tempo se leva facendo esta festa?

-Nós levamos oito anos, pero o certo é que esta vez tivemos moitas dúbidas porque un dos socios da comisión faleceu e ata o último momento non sabiamos se organizar a festa ou non, pero a el gustaríalle que a fixeramos así que tiramos para adiante.

-Parece que a celebración do Chorís vaia a máis.

-Si, nos tamén o notamos, a pesares de que o ano pasado caeu o que non está escrito; aquilo foi unha inundación. Pero cada ano vén máis xente, sobre todo de Carballo e da zonas próximas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«Temos unha carpa de 500 metros así que colleremos todos»