Ciencia, lembranzas e música visitaron a Praza dos Libros

A feira carballesa despídese hoxe cun pan de agasallo para todos aqueles que merquen un libro


Se o venres a poesía foi a raíña da Praza dos Libros de Carballo, onte a competencia foi maior. Volveu estar con María Lado -que presentou o seu poemario Oso, mamá, si? e deleitou ao público xunto a Lucía Aldao co seu espectáculo AldaoLado-, pero o programa tamén ofreceu outras propostas diversas.

Os integrantes do colectivo Crea Formas convidaron aos pequenos a desenvolver a súa vea artística antes de que Jorge Mira demostrase que a ciencia pode ser moi entretida. Coa axuda do profesor José María de la Viña, o físico baiés volveu dar proba das súas dotes para a divulgación presentando o seu novo libro, ¿A que altura está o ceo? (Alvarellos).

Xa pola tarde houbo tempo para a música, con Servando Barreiro, e para coñecer a nova obra doutro dos autores locais presentes nesta Praza dos Libros. Xurxo Chapela convidou ao público a sumerxirse na súa memoria e recuperar recordos nalgúns casos comúns a través das páxinas de Lémbrome (Positivas).

O bo tempo acompañou durante toda a xornada, aínda que moito público habitual reservou para hoxe -día de feira- o seu paso por este escaparate cultural que se volverá a despedir deixando un bo sabor de boca grazas á iniciativa Un pan un libro.

HOXE

Toda a mañá

Un pan un libro • Todas as persoas que merquen un libro serán agasalladas cun molete de pan de Carballo.

12.00 horas

Gastronomía • Presentación de Peixes e mariscos. As novas receitas de Benigno Campos (Galaxia) a cargo do televisivo cociñeiro.

13.00 horas

Música • Sesión vermú con Sofía Espiñeira e a súa banda, que presentarán o disco Alá onde agroman as herbas.

18.30 horas

Música • Olga Brañas presenta o libro disco Pitusa Semifusa (Galaxia).

20.00

Libros • Presentacións dos libros da colección Costa da Morte da editorial Embora: Reválida de sexto, de José Antonio Andrade; Coristanco. As súas parroquias, de Evaristo Domínguez Rial, e Lembranzas de Malpica, de Xosé González Reyes.

21.00 horas

Conversa e música • Conversa en torno aos libros de María Reimóndez A música dos seres vivos, Dende o conflito e En vías de extinción (Xerais) e concerto de Canalé Cafuné.

22.00 horas

Clausura • Remate da Praza dos Libros 2016.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Ciencia, lembranzas e música visitaron a Praza dos Libros