«Tiñamos outra foliada, pero a elección foi doada»

f. rodríguez / Á. palmou

CARBALLO MUNICIPIO

David Puñal e os seus compañeiros do grupo carballés Lembranzas de Bergantiños non tiveron dúbidas cando souberon da celebración do segundo Festifolk

06 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

David Puñal e os seus compañeiros do grupo carballés Lembranzas de Bergantiños non tiveron dúbidas cando souberon da celebración do segundo Festifolk. «Xa teño ganas de tocar aí con todos como o ano pasado».

-¿Foi complicado encaixar a data?

-Chamárannos para unha foliada en Outeiro de Rei, pero habendo aquí en Carballo algo como isto á elección foi doada.

-¿Que importancia teñen este tipo de actos?

-Son moi importantes e cada vez estanse a facer máis. Xa se pode ver como a tradición está evolucionando moitísimo grazas a este tipo de actos.

-¿Cantos integrantes de Lembranzas de Bergantiños van acudir este ano?

-Esta vez iremos uns poucos menos porque coincide con moitas cousas e época de exames na universidade. Esperamos ir entre quince e vinte persoas.

-¿Teñen moitas actuacións pechadas para este verán?

-Pois unhas dez en seis semanas. Nótase que a música tradicional ten tirón, mesmo na casa. Antes cando ía toca dicíanme ‘para un pouco xa’, e agora preguntan ‘a onde ides tocar este fin de semana’. Parece que todo o mundo está máis involucrado.