Manuel María, máis preto, en Carballo

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

José Manuel Casal

Ledo Andión e Olaia Ledo falaron onte sobre o seu traballo audiovisual acerca do poeta homenaxeado

27 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Aínda non rematou o programa das Letras Galegas en Carballo. Onte, Margarita Ledo Andión, directora do traballo audiovisual «Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra», achegouse ata a biblioteca Rego da Balsa. Na compaña da produtora, Olaia, abordou algunhas cuestións da peza e do autor homenaxeado este ano polo 17 de maio.