Carballo agarda xa pola súa gran semana de festa literaria

Arredor de 1.500 nenos participarán nos actos que darán comezo o domingo no Pazo da Cultura

<span lang= gl >Ferrero, Trigo e Vilariño, xunto á exposición de Kalandraka que acompará os actos</span>
Ferrero, Trigo e Vilariño, xunto á exposición de Kalandraka que acompará os actos

Once anos son xa os que levan o Concello de Carballo e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega fomentando a paixón polas letras entre os nenos a través da Semana do Libro e a Lectura. O domingo dará comezo a nova edición dunha proposta que porá, entre o luns 25 e o venres 29, ao alcance dos centros escolares catro funcións teatrais e 25 obradoiros (de 9.30 a 14), pero que tamén reserva para o público familiar outras cinco propostas (ás 18.30) co obxectivo de chegar a todos os actores da implicación na lectura. «O alumnado, o profesorado e as familias son as tres patas do proceso lector», explicou onte Carme Vilariño, directiva da AS-PG, na presentación dun programa co que espera «repetir o éxito de edicións anteriores». Parte do traballo xa está feito posto que este ano a participación na exposición de materiais feitos polos centros foi «maior que nunca».

Vilariño detallou que 1.500 alumnos participarán nas actividades matinais. O alcalde, Evencio Ferrero, engadiu que con outras 500 persoas nas vespertinas serán xa máis de 2.000 as que gocen desta Semana. «Sempre foi moi ben acollida polo profesorado, o alumnado e as familias, o que xustifica que esteamos xa pola undécima edición».

Ámbolos dous, que estiveron acompañados polo edil de Cultura, Marcos Trigo, tiveron palabras de agradecemento para a Fundación Luis Calvo Sanz, polo apoio que presta a esta iniciativa, que nesta edición se desenvolverá co lema Canta bichería!.

O programa

Domingo 24. 12.00. Inauguración cos Petiscos musicais de Os Tres Tenedores, un recital poético dos alumnos do colexio e unha peza teatral do Fogar.

Luns 25. 9.30 a 14.00. Baobab fará dous pases de O lobo e a lúa (premio Barriga Verde).

18.30.Contos de animais e bechiños con Andrea Bayer.

Martes 26. 9.30 a 14.00.?Obradoiros Animalario fantástico, Bichos en gravado (David Orihuela) e Casas para Bestas (Paula Tubío).

18.30. Contiario de Pablísimo.

Mércores 27. 9.30 a 14.00. Función dobre de Ghazafelhos con Frankenstein.

18.30. Os Contos de lobos de Ghazafelhos.

Xoves 28. 9.30 a 14.00. Obradoiros da ilustradora Noemí López, autora do cartel desta edición, e de Animalario.

18.30. A Bichería máxica de Manuel María, segundo o mago Martín Camiña.

Venres 29. 9.30 a 14.00. Obradoiros Bichos robóticos, Da bichería ás ilusións (Martín Camiña) e Animais coma nós (Paula Carballeira).

18.30. Carballeira será a encargada de pechar os actos nunha sesión na que haberá tamén entrega de premios.

E ademais. O programa complétase coas exposicións de Kalandraka, de outras editoriais e do Salón do Libro de Pontevedra e dos centros escolares de Carballo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Carballo agarda xa pola súa gran semana de festa literaria