«O baloncesto foi e será a miña vida»

CARBALLO MUNICIPIO

José Manuel Casal

«Voume coa tranquilidade de que hai un relevo con garantías e nunha situación óptima da entidade»

20 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Despois de dez anos na presidencia da Escola Basket Xiria, Diego Vázquez Reino deixará o cargo ao rematar a tempada. Durante este tempo de alegrías e sinsabores, queda por riba de todo un traballo e un labor no que colaboraron moitas persoas para facer moi forte e sólida a familia do baloncesto en Carballo e na bisbarra.

-¿Por que non segue?

-Creo que é o momento de deixalo, porque se pode acometer o relevo, pola situación actual do club, tanto económica coma deportiva, e xa que hai un relevo natural e de ideas. Teño novas responsabilidades profesionais e necesito dedicarlle máis tempo do que lle estaba a dedicar.

-¿É duro tomar esta decisión?

-No foi doado, pero son da idea de que unha persoa non debe perpetuarse nun posto, as institucións deben manterse á marxe das persoas. Non é unha marcha, senón que estarei vinculado á entidade como o fixen sempre desde que fun xogador, hai 29 anos.