Carballo convoca o certame de artigos normalizadores

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

O prazo para entregar os orixinais a este premio, dotado con 1.000 euros, acaba o 15 de abril

11 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Por duodécimo ano consecutivo, o Concello de Carballo promove o debate sobre a situación do galego e a apertura de espazos de reflexión na prensa coa convocatoria do premio a artigos xornalísticos normalizadores. O certame dotado con 1.000 euros para o gañador recoñeceu en anteriores edicións a Ramón Vilar Landeira, Pilar García Negro, Séchu Sende, Kiko Novoa e Xesús Fraga, entre outros.

Os textos, orixinais, inéditos e de entre 1.800 e 3.300 carácteres deberán ser remitidos ao Pazo da Cultura de Carballo antes do 15 de abril e o artigo gañador será publicado en nove medios de comunicación, entre eles, La Voz de Galicia.

O xurado fará pública a súa decisión nun prazo máximo de 25 días desde o remate do prazo de entrega.