Férveda de Entrecruces e entorno

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

José Manuel Casal

Un espectáculo permanente, sobre todo agora en inverno. Bosque de ribeira e arquitectura no entorno completan o atractivo. Radio Voz Bergantiños estreou unha nova sección, «Costa da Morte. Paso a paso», con Xan Fernández Carrera

27 feb 2016 . Actualizado a las 16:10 h.

Radio Voz Bergantiños puxo en marcha onte un novo espazo: «Costa da Morte. Paso a paso», con Xan Fernández Carrera de guía. A súa recomendación inicial: a Férveda de Entrecruces.

Como chegar. Saíndo en coche dende Carballo, coller a estrada a Santiago. Pasados Ardaña, Rus e Entrecruces, xa en Sabadín, xirar á esquerda en dirección a San Paio. Deixar o coche ao pé da capela e, de aí, quedan 500 ou 600 metros a pé ata A Férveda.

Momento ideal. É aconsellable visitala agora no inverno. Xan Fernández lembrou a descrición da férveda que ten feito o párroco Pumar Gándara: «Un espectáculo permanente e variado, ten todos os compases (...). Luz, cor, sosego ou dinamismo».

OrixeÉ a xeoloxía a que o explica todo. Hai una parte alta e unha baixa. No medio, un sustrato rochoso moi duro que, ao non ser o río capaz de desgastalo, o que fai é pegar un salto, permitindo así o espectáculo.

Espacio natural. Un dos maiores valores. Bosque de ribeira. Árbores autoctónas, como amieiros, salgueiros, abelás ou loureiros. Incluso, na parte alta, algún érbedo (en castelán, madroño, pouco común en Galicia).

Restos. Quedan no entorno da férveda restos dunha central hidroeléctrica e da turbina, chegada de EE.UU. Os saltos de auga eran lugares aproveitados con este fin e neste caso foi un carballés, Sánchez, o impulsor (aló polo 1915). Mantívose un tempo, pero logo quedou en desuso.

Arquitectura relixiosaPreto da férveda está a capela de San Paio (século XVI), a construción relixiosa máis importante en Carballo logo da igrexa de Rus, di Xan. Ábside gótica e retablos barrocos. Edificio moi ben conservado e do pouco gótico que hai en Bergantiños. O San Paio de Entrecruces pode aludir a un San Pablo ermitaño (porque o San Paio sempre se representou como un neno e en Entrecruces non).

Ruta a pé. Partindo da igrexa de Rus, ir polo camiño antigo ata Entrecruces. Xa en San Paio, coller en dirección á férveda.

Que máis ver. A igrexa barroca de Entrecruces, o seu cruceiro e un casa señorial en Pazos. Tamén o Castro de Ouxes.