«El merece isto e moito máis por todo o que está a facer»

O párroco de Cances organiza o acto co que este domingo celebrarán as vodas de ouro como sacerdote carballés


Hai medio ano era el o homenaxeado como gañador -xunto a Jesús Cobas Vázquez, presidente de Arume de Berdillo- do premio ao Carballés do Ano que concede o Padroado Fogar de Bergantiños. Pero agora a Jesús Antelo Quintáns, párroco de Cances, Bértoa e Razo, tócalle poñerse do outro lado para organizar a homenaxe que lle tributarán este domingo ao seu colega José García Gondar, párroco de Carballo, con motivo da súas vodas de ouro no sacerdocio. Será en Vilar de Francos, cunha comida na que participarán arredor de 400 persoas, aínda que o venres, o día xusto no que se cumpren eses 50 anos, haberá xa dúas misas conmemorativas na igrexa de San Xoán (ás 18.15, para os nenos do catecismo, e ás 20.00) e unha chocolatada posterior organizadas polo propio García Gondar.

-¿Como marchan os preparativos?

-Marchan ben. Aínda queda algunha praza por se alguén quere anotarse, pero esperamos xuntar a unhas 400 persoas. A resposta da xente está sendo boa porque el merece isto e moito máis por todo o que está facendo por Carballo e por toda a comarca.

-¿Que destacaría de García Gondar?

-Pois, aparte do seu papel como relixioso, que ten unha proxección no eido social moi importante. Grazas a el hai un albergue de transeúntes, un fogar para mulleres maltratadas, o traballo de Cáritas... Moitas cousas que ao mellor o Concello non era capaz de facer.

-¿Prefire organizar homenaxes a que llas fagan a vostede?

-Por suposto. Don José mesmo tampouco estaba nada de acordo con esta homenaxe, pero ao final impuxémonos e vaise facer. A ocasión ben o merece.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«El merece isto e moito máis por todo o que está a facer»