«Mais de vinte persoas estamos no operativo de seguridade no circuíto»

J. M. F. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

JOSE MANUEL FERREIRO

Iván Barrreiro Cotelo, director de seguridade

19 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Iván René Barreiro Cotelo (Berna-Suiza, 1977) é o director de seguridade na proba de hoxe no campionato galego de autocrós no circuíto municipal de Bértoa-Carballo. Ocupa o cargo desde que comezaron as probas no circuíto, aló por lo ano 2009 e desde esa data segue sen fallar unha soa proba. A súa presenza está sempre asegurada.

-¿Qué operativo está montado?

-Desde un coche R co médico hasta unha dotación de Protección Civil de Carballo, así como dúas motobombas, un equipo de excarceración, e dúas ambulancias, unha básica e outra UVI.

-¿E os centros hospitalarios?

-O operativo que temos montado, no que figuran unhas 25 persoas, está todo coordinado co 112, co 061 e cos centro hospitalarios na Coruña.

-¿Os medios que teñen como son?

-Dispoñemos dun bo equipo para poder facer o noso traballo, sempre e cando se nos requira no momento que sexa preciso. O operativo está listo desde que comezan os adestramentos hasta que remata a última carreira.

-¿Que tempo ten de resposta o equipo que está baixo o seu control?

-O normal é entre un e dous minutos. Con vehículos de intervención estamos onde se nos require, sexa o que sexa. Estamos espallados polo circuíto e desa forma a nosa resposta é practicamente inmediata. Nese instante tamén acude o vehículo no que están os médicos. Está claro que o persoal de pista tamén ten una resposta inmediata.

-¿É un circuíto con boa seguridade o de Carballo?

-Para min, o circuíto de Arteixo é o modelo a seguir en canto a intervención. Teñen unha aboa coordinación e medios. Creo que Carballo está á altura e sempre demostramos estar á altura, ben sexa unha proba a nivel autonómico ou nacional. Levo moitos anos coordinando as emerxencias e o que intento é que cada ano pódelo facer mellor ca outro. Pero non podemos esquecer que sempre se pode mellorar no aspecto da seguridade.

-Pero os sinistros son imprevisibles. ¿Ou si?

-É certo. Inflúen moitas cousas. Sen modestia, creo que estamos a facer un bo labor neste apartado. Pero nunca é demais pedir sempre a todos que están no circuíto, pilotos ou público, a toda a xente, respecto tanto á organización en xeral e moi concretamente ao persoal de emerxencias cando están actuando porque a maior parte das veces faise por amor e non por cartos.