«Gústame o público infantil porque é moi sincero»

A autora e contacontos colabora coa compañía ceense Talía dirixindo a súa última montaxe, «Rosa Caramelo»


A actriz Paula Carballeira (Maniños, Fene, 1972), coñecida polos seus papeis televisivos e os seus espectáculos de contacontos, asume un novo papel da man de Talía Teatro para dirixir a nova obra da compañía ceense, Rosa Caramelo, unha montaxe na que Artur Trillo dá vida -coa axuda musical de Fernando Fraga- ás historias de Adela Turín.

-¿En que anda aparte deste 'Rosa Caramelo'?

-Acabo de chegar dunha xira por Colombia contando contos e dando cursos e agora estou montando unha nova obra con Berrobambán tamén para público familiar.

-¿Qué publico é máis agradecido e cal máis difícil, o infantil ou o adulto?

-Cada un ten as súas característicos e son difíciles nun sentido e agradecidos noutro. A min o público infantil gústame moito porque os nenos son moi sinceiros e moi agradecidos se lles gusta, pero tamén poden ser crueles se non lle gusta; hai que achegarse a eles desde o respecto, non desde a condescendencia. O público adulto telo máis a man, pero tamén ten a súa dificultade e non é doado achegarse a todo o mundo.

-¿Fáiselle raro estar nun segundo plano como ocorre en ?Rosa Caramelo? ao estar na dirección?

-Non, pero é outro xeito de estar. Como é un espectáculo de narración con partes teatrais dalgunha maneira é algo que ti vas manexando pero ás veces tamén me dan gañas de saír a min, de dicirlle a Artur, ?quita? [risas]. Pero tamén é moi bonito e interesante,

-Ten tocado xa moitos paos creativos: actuación, dirección, escritura...

-Si, porque todos teñen moitísimos puntos en común. A min gústame moito o contacto co público, pero cos libros tamén estás en contacto con el aínda que doutro xeito diferente. Son distintas maneiras de contar unha historia e tamén é bonito probar e experimentar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Gústame o público infantil porque é moi sincero»