O entroido ourensán toma o Pazo da Cultura de Carballo

Á. Palmou

CARBALLO MUNICIPIO

Eirís, Blanco e Ferrero, a carón do traxe dun felo que complementa a mostra fotográfica inaugurada onte no Pazo.
Eirís, Blanco e Ferrero, a carón do traxe dun felo que complementa a mostra fotográfica inaugurada onte no Pazo. josé manuel casal< / span>

Unha mostra fotográfica achega as figuras dos felos, as pantallas e os vergalleiros

13 feb 2015 . Actualizado a las 23:24 h.

A inauguración, no Pazo da Cultura de Carballo, da exposición Xunguir non é esmorecer, senón medrar, non só permitiu aos presentes achegarse a tres das figuras do poliédrico entroido ourensán (os felos, as pantallas e, en menor medida, os vergalleiros) a través das imaxes de Rita Blanco, senón que posibilitou que coñecesen por boca desta fotógrafa e etnógrafa algúns detalles do estado actual destas celebracións.

Arroupada pola concelleira de Cultura, Mar Eirís, e polo alcalde, Evencio Ferrero, Blanco expuxo -coa axuda dos traxes dun felo e unha pantalla que acompañan á mostra- algunhas das diferenzas que existen entre estas figuras tanto na súa indumentaria como no xeito de comportarse e contou como a exposición se xestou durante unha invitación para participar no entroido de Murcia no que felos e pantallas tiveron ocasión de interactuar, feito inédito que se pode ver nas súas imaxes. Tomando o título da exposición, que se poderá ver en Carballo ata o día 28, a autora destacou a importancia da unión.