En Camariñas encaixarán Camiño, artesanía e marisco do 24 ao 26 de xullo
CAMARIÑAS
A Asociación de Empresarios lembra que quedan poucos días para a inscrición de postos de artesanía na cita
07 jul 2026 . Actualizado a las 19:53 h.Do 24 ao 26 de xullo • Unha viaxe no pasado é o que propón O Encaixe no Camiño, iniciativa da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas prevista na mesma fin de semana ca o Mercado Medieval de Corcubión, do 24 a o 26 de xullo. Con directiva renovada, a entidade volve impulsar un ano máis esta que xa consideran cita consolidada no calendario estival do municipio, unha celebración da historia, da tradición, da gastronomía e a propia festa para, co apoio de diversos organismos, «seguir poñendo en valor a identidade local». Tamén a través da artesanía e da dinamización comercial e a cultura popular, todo un atractivo para veciños e para visitantes. Por segundo ano, impulsarase ademais de xeito parello a O Encaixe no Camiño a chamada Festa do Marisco de Camariñas, posible coa colaboración da Confraría de Pescadores de Camelle e un xeito de reivindicar o produto do mar e a tradición mariñeira da comarca.
Inscrición de postos
Dende a organización, por outra banda, lembraban antonte que está aberta, xa nos últimos días (ata o 10), a inscrición para novos postos que desexen participar na feira de O Encaixe no Camiño. Poden facelo en www.oencaixenocamino.com.