Poderá visitarse dende hoxe mesmo ata o 31 de xullo, de mércores a domingo
10 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Ata o 31 de xullo • O museo do faro Vilán de Camariñas abrirá hoxe ao público unha nova exposición, Galicia: paisaxes con luz, mostra colectiva do grupo artístico Lucet que se poderá visitar ata o 31 de xullo. Sendo a acuarela o fío condutor, inclúe obras de Rosario Puente, María José Puente, Melania Gómez, María Dolores Mato, Francisco Hervella, María del Carmen Valverde, Julia San Martín e Salvador Galbán, todos de ampla traxectoria. Visitas en Vilán de mércores a domingo, de 10.00 a 14.00 e de 15.00 a 18.00 horas. Lucet xa ten exposto ben máis veces no faro camariñán.