
Danza de arcos, procesión marítima, homenaxe a Lucía Carril ou a orquestra Panorama: consulta aquí a programación!
11 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Outra programación que tamén se deu a coñecer estes últimos días é a das Festas do Carme de Camariñas. Serán cinco xornadas de festexos que comezarán o martes 15 de xullo da man dos máis pequenos e a súa mini danza de arcos, entre outras propostas.
O 16, día grande, comezará cunha sentida homenaxe a Lucía Carril Ageitos, camariñá amante destas festas que faleceu en xaneiro aos 37 anos. Levarase a cabo a tradicional procesión marítima e a danza de arcos (desta banda, cos adultos) e haberá verbena nocturna coas orquestras Escaparate e Panorama.
Continuará o programa o 17, coa procesión de volta da Virxe, máis danza e festa con Fuego e Grupo Bomba. O venres 18, ademais dunha sardiñada gratuíta na Area da Vila, a comisión preparou tamén unha nova verbena con Miramar e Macro Impacto, reservando para a derradeira xornada un fin de festa con Alkazar, La Banda de Ayer e Impacto.