
Serán 28 as coleccións que desfilen na pasarela da vindeira Mostra do Encaixe
17 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Camariñas fixo pública a relación das 41 persoas finalistas que participarán no trixésimo primeiro Concurso de Noveis Deseñadores, que terá lugar durante a Mostra do Encaixe do vindeiro ano. Serán 28 coleccións as que desfilarán na pasarela desta cita senlleira, pois algúns dos aspirantes participarán en grupo.
A maioría, indican dende o Concello, pertencen aos colexios Goymar, Escuela de ARtes y Oficios de Vigo, Universidad Rey Juan Carlos, Paseo das Pontes, EASD Mestre Mateo, Susa Suárez, Cesine e Esdi.Os aspirantes proveñen de moi diversos puntos de Galicia, mais algúns deles chegarán mesmo dende outras comunidades autónomas. Esta é a listaxe completa:
- Estefanía Organz Fernández e Pedro Orgaz Fernández (Culleredo)
- Johaness Eduardo Senior Paz (Vigo)
- Hugo Castro Oubiña e Lucas Pérez Paz (Cambre e Betanzos)
- Paula Quinteiro Rodríguez (Vigo)
- Paula Mourón Tojo e Diego Amado Martínez (Ames e A Coruña)
- Antonio Daniel Abad Ramírez (Ribeira)
- Adriana Lado Fernández (Cee)
- Iria González Fernández (Lugo)
- Onitze Aramburu Sánchez e Sofía Puertas Sömme (Okondo, Álava, e Berango, Vizcaya)
- Niskar Mariela Romero Chamorro (A Coruña)
- Elisabeth Millán Sánchez (Vigo)
- Alicia Santay Vázquez (Vedra)
- Laura Naroa Boroboio Alende, Giovanni Sestini e María Jia Docampo Rimada (Santiago, A Coruña e A Coruña)
- Iria Navarrete Ponte (Vigo)
- Marina Lamela Vallejo (Santiago)
- Laura Villar Loureiro (Guitiriz)
- Noelia Picadizo Villar (Rois)
- Laura Fernández de Bobadilla e Miguel San Sebastián (Santander e Torrelavega)
- Valeria Argüelles Villadonga e Celia Aldama González (Carreño e Avilés)
- Lucía Merino Herrero e Clara Fernández Souto (Valladolid e A Coruña)
- Soraya Arce Cavada (Colindres, Cantabria)
- Yara González Barral (Melide)
- Clara Rey Iglesias, Lucía Janeiro González e Antonio Soto Lago (A Coruña, Forcarei e Marín)
- Nerea Torres Tobío (Sigüeiro)
- Kharize Zanella Polón e Julián Barrosa Domínguez (Santiago de Compostela e Ribeira)
- Mikel Basterretxea Tranche, Maialen Heredero Paraje e Nagore Alinso Torre (Vizcaya)
- Josu Santos Blanco (Sobrado do Bispo)
- Aroa Lemos Mota e Carlota Izquierdo María (Barberá del Vallés e Barcelona)
A concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, felicitou aos finalistas e animounos a «traballar duro para, dentro duns meses, amosar o seu talento e poñerllo difícil ao xurado».