Uxía Loureiro Caamaño: «'A Orixe' é unha colección feita dende cero para a Mostra do Encaixe»

Patricia Blanco
PATRICIA BLANCO CARBALLO / LA VOZ

CAMARIÑAS

BASILIO BELLO

A ponteareá, de 23 anos, aínda non superou a emoción de saberse gañadora do certame Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas. Era o seu primeiro concurso. Tamén o de Fabiola Santos, segundo premio e natural de Merexo (Muxía)

17 abr 2023 . Actualizado a las 18:19 h.

Debía ter 12 ou 13 anos cando empezou a internarse na costura: «Miña nai daquela facía patchwork e eu animábame cos meus bonecos mal cosidos». Un decenio despois, con 23, Uxía Loureiro Caamaño, de Ponteareas, vén de merecer o primeiro premio da 29.ª edición do certame Noveis Deseñadores da 32.ª Mostra do Encaixe de Camariñas, referente internacional desta artesanía. Un prestixioso concurso, con 4.500 euros en galardóns, 2.100 no seu caso. Logo de cursar o ciclo superior de estilista e indumentaria, en Texmoda, Vigo, Uxía estuda deseño de moda na Escola Mestra Mateo.

—Xa pasou a emoción inicial?

—Nada, aínda un pouco un shock, aínda non mo creo.

—Era a primeira vez na Mostra?

—Si, e a primeira vez que me presentaba a un concurso! Anoteime ao Xuventude Crea deste ano, pero non fun seleccionada e entón xa non cheguei ao certame.

—Como coñeceu o concurso?

—A través da miña escola, a Mestre Mateo [centro que participou con alumnado de xoiería na pasarela ArtEncaixe]. Promocionárono moito. E díxenme: ‘Pois vou intentalo’. Así que fixen unha colección só para iso, inspirada en Camariñas, na tradición galega. Unha colección feita dende cero.

—Dende cando traballou nela?

—Dende decembro, que foi cando fixen os deseños. Aí comecei a estampar a tela, porque a estampei toda a man, coas cunchas. Ao ter moitos traballos da universidade fun a trancas e barrancas [ri].

—Todo o traballo é seu?

—Si, feito por min. Deseñei, estampei, cosín... Tamén fixen os complementos da colección.

—Falaba logo de saberse gañadora da inspiración no mar, na familia e nas viaxes por Galicia.

—Si, con todo iso ten que ver, pero esquecinme de mencionar a colaboración con Eferro, que foi o calzado das miñas modelos.

—Non é menor colaboración.

—Non, a verdade é que non. Tiña metido na cabeza que tiñan que ser tamancas, tamancas e tamancas. Toco a gaita e o tambor, dende moi pequena estiven metida no mundo da música tradicional, sempre me gustou moito e por iso quixen integralo na miña colección. Igual que coas medias, que son as do traxe galego.

—Que un xurado profesional elixise o seu traballo faille crer máis no seu talento para o oficio?

—Supoño, supoño que si, pero eu a verdade non o tiña nada claro. O primeiro día que vin as coleccións participantes, o nivel, pregunteime que facía alí. Foi toda unha sorpresa, preguntábanme se non mo esperaba e non, non, para nada. Quizais como eu xa levaba tanto tempo traballando nos traxes, para min estaban moi vistos [ri].

—En que estilo encadraría «A Orixe». Que pretendeu facer?

—A miña primeira toma de ideas partiu de inspirarme nas bonecas de porcelana. Por iso ten como esa imaxe aniñada, como de boneca fráxil, pero á vez mesturada coa forza da tradición galega, que sempre quixen ter moi en conta. Elixín de nome A Orixe porque alude a onde nacín, Galicia, pero ademais a cada un dos estilismos deille un propio: Carnota, Camariñas, Laxe e Muxía, que foron dos sitios que máis me gustaron.

—Entendo que coñecía a Costa da Morte previamente.

—Si, son unha afortunada, porque meus pais dende pequena me ensinaron iso, e sempre tirei cara a costa. Encántame fotografar o mar, ir aos faros... Supoño que por iso me inclinei por aí na colección.

—Ten participado nalgunha iniciativa de moda en Ponteareas.

—Si, foi nun desfile.

—E ten unha marca propia.

Clouxi. Vén dos meus apelidos, Caamaño, Loureiro, e logo Uxi de Uxía. Fago roupa para min e algún encargo, para vodas, bautizos... O que me pidan, pero de momento é todo moi por aquí, moi de dentro, non para fóra. E se me piden unha bolsa, tamén! Ou mesmo só un deseño, porque me encanta ademais pintar, tanto retratos como deseño de moda.

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de C L O U X I (@clouxispain)

—Ten algún taller para isto?

—Nada, todo na casa! Onde podo. No chan, na cociña... Miña nai sempre atopa fíos e iso que eu intento limpar todo ao máximo! Apáñome co espazo que teño.

—Pola emoción coa que fala parece unha vocación confirmada.

—Nunca a tiven moi clara, pero foron meus pais os que me animaron a seguir por aquí. Cando fixemos a selectividade si escoitabas iso de que non era unha carreira, que había que estudar medicina, bioloxía... pero non. Empecei co ciclo en Vigo por se acaso non me gustaba, para non gastar moito, e ir probando. E si, gustoume. Decidín ben, vaia, pero a min faltábame velo claro.

—Que imaxe levou da Mostra?

—Quedei encantada. Pensei que polo mundo que é habería competitividade, pero todo o contrario. Todos nos axudamos con todo, aprendemos todos de todos, resultoume moi gratificante. Pasamos estrés, agobio, son moitos días [cinco, dende o mércores], pero quedei realmente contenta.

El segundo premio de los Noveis Deseñadores se quedó en Merexo, con Fabiola Santos

La colección Tecer, de Fabiola Santos Baña, logró el domingo el segundo puesto del certamen Noveis Deseñadores. El tercero se quedó en Sofía Sánchez y Santiago Iglesias, con F.37, mientras que Inmaculada Dios abrió el camino del nuevo premio a la colección más comercial con su propuesta Isleño. Y si con emoción se vivió el máximo galardón, no menos ese segundo puesto de Fabiola Santos, pues es natural de Merexo (Muxía).

Fabiola, segunda por la izquierda, durante la entrega de premios
Fabiola, segunda por la izquierda, durante la entrega de premios BASILIO BELLO

Vía redes no han parado de llegarle felicitaciones por su tesón, esfuerzo y dedicación. Tras estudiar corte y confección en A Ponte do Porto, se formó en diseño de moda y alta costura en la escuela Javier Barroeta (Bilbao). «O encaixe formou parte sempre da miña vida. Gústame aplicalo nos meus deseños», decía en el vídeo de participación previo al certamen: era, como en el caso de Uxía Loureiro Caamaño, su primera vez en él.