A Mostra xa ten noveis deseñadores finalistas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CAMARIÑAS

basilio bello

Son 34 as memorias seleccionadas polo xurado para participar no vindeiro certame

21 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Aínda faltan varios meses para a celebración da trixésimo segunda Mostra do Encaixe de Camariñas, prevista para a Semana Santa do 2023, entre o 5 e o 9 de abril, mais pouco a pouco vanse coñecendo máis detalles do evento. Hai uns días, por exemplo, o xurado do XXIX Concurso de Noveis Deseñadores deu a coñecer as memorias seleccionadas para participar no certame.

En total, o xurado seleccionou 34 candidaturas: Cantía Aparicio, Uxía Loureiro, Elisa Isabel García, Ingrid Quiñones, Lara Carril e Nuria Blengua, Hugo Fontenla, Alejandra Riande, Flavia Cristina Alves, Álex Novoa, Antía Sobrado, Sofía Sánchez e Santiago Iglesias, Raquel Barroso e Noemí Barrote, Alba Cobos, Inmaculada Dios, Ana María Piña, Ana María Lorenzo, Naiara González e Sofía Santiago, Hugo Reyes e Álvaro González, Eduardo Santamaría, María Díaz, Carolina Vigas, Ángela Madroño, Leticia Raise, Alejandra gil, Jennifer Brito e Juncal Martínez, Ana Feijóo, Sara Velázquez, Adriana Pérez e María Andrea Rojas, Fabiola Santos, Agustín Díaz e Elena Gómez, Tania Conde, Víctor Bellagona, Gloria García e Nuria de la Barrera e Pablo Álvarez.

A organización da Mostra quixo felicitar a todos os integrantes desta selección final e loar, tamén, a implicación que os noveis deseñadores adoitan amosar con este concurso, o que os converte nunha parte xa esencial do evento. «O xurado terá novamente un papel moi pero que moi difícil para poder seleccionar ás gañadoras e gañadores», engaden dende a Mostra.