Liortas políticas, rendas, verbenas e puntilla de Camariñas

Lupe Blanco

CAMARIÑAS

BASILIO BELLO

A regueifa da semana, por Lupe Blanco

10 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Resumimos a semana,

ide collendo papel

que botamos a regueifa

neste verán de San Miguel.

Vaia semana levamos,

teremos que disfrutar

a ver se aguanta o tempo

para a ponte do Pilar

Que xa empezan as verbenas,

por dicilo de bos modos,

pero aló en Ponteceso

no vai a gusto de todos.

Mentres uns que non querían,

outros montaron o baile

e, ó final, entre o conflito

sempre sae o seu alcalde.

Seguro que vai ó baile,

bailar na punta do pé,

xa que oposición floxea

e dimite o do PP.

Outros que andan bailando

son dous concellos veciños

entre A Laracha e Carballo

a ver cal é o máis rico.

Polas rendas persoais

hai unha competición,

pero o concello que gaña

sempre é Corcubión.

Polo menos e Carballo

están mirando quen axude,

andan recollendo firmas

para outro centro de saúde.

Eu digo que lle fai falta,

iso si que non o nego,

pero a Xunta de Galicia

non vai polo mesmo rego.

Os que si que aran ben

e tamén moi ben palillan

son os da Mostra do Encaixe

nas terras de Camariñas.

Hai que ir a Camariñas,

están cheos de actividades,

hai que ver eses desfiles

e tamén a Belem Tajes.

Ata aquí chego o resumo.

Remato o meu programa,

de parte de Lupe Blanco

moi boa fin de semana.