Eliminado un punto de vertido de augas residuais urbanas á ría de Camariñas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CAMARIÑAS

O Concello reparou un tramo co colector de augas pluviais para solventar a incidencia, que foi detectada por técnicos de Augas de Galicia

23 feb 2021 . Actualizado a las 10:50 h.

A Xunta de Galicia vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais á ría do núcleo urbano de Camariñas. Técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco, xa solucionado, nunha inspección rutineira.

Este tiña a súa orixe nos aportes de augas residuais urbanas a un colector que evacúa augas pluviais directamente á ría.

Os técnicos realizaron diversas inspeccións co persoal do Concello, como titular da rede, de cara a requirir as medidas oportunas para a eliminación do vertido.

O Concello realizou unha intervención nun tramo do colector, que foi reparado para evitar posibles filtracións.