O transporte marítimo excedeu as medidas de protección


realidade é que o transporte marítimo medrou dunha maneira tal, a tal velocidade, que excedeu en moito as medidas de protección ambiental. Un buque como o Eloane, dos máis grandes do mundo, pode levar ata 19.000 e pico contedores. Parte deles van na cuberta, ata seis ou sete alturas. Iso supón, no caso dos contedores de 40 pés (máis de 12 metros de longo por 2,5 de alto) unha altura total de 15-16 metros. Navegan en océanos con borrascas cada vez máis fortes, a consecuencia do cambio climático.

As cifras que se manexan a nivel mundial falan de entre 2.000 e 10.000 contedores perdidos cada ano, aínda que realmente non coñecemos esa información real, porque nin ás navieiras nin ás compañías de seguros lles interesa que se coñezan.

Hai un caso moi coñecido, o do Ever Laure, que no 1992, hai xa 26 anos, ía do sur de China para Estados Unidos e no medio dunha tempestade perdeu uns 28.800 patiños de goma. Aínda hoxe seguirán chegando ás praias. Seguindo a corrente dominante de Kuroshio chegaron a Alasca, a atravesar o estreito de Bering, a Groenlandia e ás costas de Europa. Aquel caso inspirou ao xornalista Hohn Donovan, que o estivo seguindo, a escribir un libro, Moby-Duck, coma Moby-Dick pero «Moby-parrulo». Ese libro chegou ás miñas mans e de aí naceu Mar de Fábula. De aí e de poñerme en contacto co autor e con diferentes persoas e organizacións como Gulf of Alaska Keeper, que a partir da morea de lixo plástico que, precisamente a través da corrente de Kuroshio, lles chega a Alasca, un sitio que debería ser un verdadeiro paraíso natural, comezaron a traballar e fan un labor impresionante, con limpezas verdadeiramente épicas. Mesmo traballaron contratados polo goberno xaponés para limpar despois do desastre nuclear de Fukushima.

Así, durante un paseo polo litoral de Camelle, no ano 2013-2014 foi cando se me ocorreu a idea de facer aquí algo parecido, por todo o lixo plástico que chega tamén ás nosas costas e porque nos enfrontamos a unha dobre fronte de ameaza. Por un lado están as augas litorais sen tratar e, por outro, os máis de 40.000 barcos que pasan cada ano polo corredor de Fisterra, entre eles centos de cruceiros aos que a lexislación internacional lles permite verter sen tratamento ningún as augas negras, sempre que estean a máis de 12 millas da costa. ¿Que son 12 millas? 12 millas non é nada cos ventos predominantes e as correntes superficiais, que son coma ríos no mar, e nos traen todo para terra.

Por Xosé M. Barros Mar de Fábula

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O transporte marítimo excedeu as medidas de protección