Produto turístico de primeira magnitude


Primeiramente, quixera lanzar unha reflexión: hai numerosas actividades na Costa da Morte, pero están desperdigadas. A idea, por tanto, sería facer unha promoción conxunta. Tal e como está non imos a ningún lado. Se somos capaces de organizar e crear un producto turístico, así como de lanzalo con tempo, sería un paso importante, xa que somos un territorio, temos unha entidade, e a Semana Santa da Costa da Morte é un produto turístico de primeira magnitude.

Hai xa algúns anos, Neria intentou unificar todas as actividades da Semana Santa na Costa da Morte, co fin de facer unha planificación e unha promoción en tempo e forma. Non foi posible. Os distintos actores que participaban, concellos, asociacións e demais, non colaboraban: víanse como competidores entre si. Non aportaban os datos a tempo, dicían que aínda non sabían... Hoxe, penso que hai outra mentalidade, que iso cambiou, pero penso tamén que faltan dirixentes sociais que coordinen o territorio e as distintas actividades. Hai numerosas organizacións, asociacións, etc, que din representar o sector turístico. Estas serían as que terían que coordinar as numerosas iniciativas do noso territorio, que son un atractivo. Algunhas delas, a pesar de estar mal promocionadas fóra do mesmo, como a Semana Santa de Laxe, e outras moitos. Por contra, a Mostra do Encaixe de Camariñas ou a Semana Santa de Fisterra, recoñecida a nivel turístico como as de Ferrol, Viveiro ou outras zonas de España, serían un gran acicate para lanzar ese produto turístico.

O visitante non ten a onde acudir en busca de información que reflicta todo o que se celebra na Costa da Morte: rutas, monumentos, que ver, que visitar, onde comer, onde durmir... Todo está desperdigado en lugar de estar nun proxecto unido. Este podería ser un bo tema polo que empezar a dar pasos positivos, xa que con pouco custe podería facerse unha boa promoción, unha maneira de encherse a boca falando da Costa da Morte, revertendo no sector. Outro tema do que temos que concienciarnos, e coidar con moito espero, é o dos prezos, sen excederse, así como o do trato ao visitante, a pesar das aglomeracións. Do contrario, pode volverse en contra. Xa houbo exemplos hai anos e aínda hoxe colean aquelas actividades en negativo. A Semana Santa da Costa da Morte é un produto único, pero promocionándoo xuntos, todos a unha, concellos, CMAT, APTCM, etcétera... Cada un polo seu lado, seguiremos fracasando.

Por Xan García Edil de CG en Fisterra y activista social

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Produto turístico de primeira magnitude