«Poñemos toda a ilusión do mundo»

A Casa de Pedra acolle esta tarde a cuarta edición do Encontro de Corais de Camariñas


Carballo / La Voz

O Coro de Mulleres de Camariñas, que preside Dolores Caamaño, é a anfitrioa do Encontro de Corais da localidade, que se celebrará hoxe na Casa de Pedra ás 20 horas e no que tamén cantarán Lembranzas de Terra, de Valdoviño, e a Coral Polifónica de Cariño.

-¿Como naceu este Coro de Mulleres de Camariñas?

-Isto naceu no 2006 nun programa da área de Igualdade do Concello de Camariñas, En feminino a voz das mulleres, e desde entón estamos loitando para que siga e para promocionar as nosas voces por toda España. A idea é que ás mulleres se nos escoite, porque antes as mulleres só estabamos na casa.

-¿Que tipo de música teñen no seu repertorio?

-Un pouquiño de todo: habaneras, mexicanas... Ata fomos unha vez á Galega a cantar rock así que imaxínate. O ano pasado sacamos o noso primeiro cedé, Un balcón cara o mar, e hoxe cantaremos un dos seus temas, O balcón, O pensamento (o Va pensieiro), Meu amor é mariñeiro, como non podía ser doutra maneira, e Ao pasar por Camariñas, porque sábea todo o mundo e así cantaremos todos.

-¿Que supón ser a agrupación máis nova das tres que cantarán esta tarde?

-Somos as máis novas, pero poñémoslle toda a ilusión do mundo, tratamos de facer da mellor maneira posible para que lle guste a todo o público e a nós mesmas, e tamén desfrutamos ao máximo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

«Poñemos toda a ilusión do mundo»