«No desfile haberá un pouco de todo»

Seis comercios mostrarán esta tarde na Praza do Concello camariñá a moda para o outono e inverno


As novas tendencias toman hoxe a vila do encaixe co Desfile de Moda organizado pola Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas e o Concello e no que participarán seis establecementos (Kerubín, Calzados Silvia, María Campaña, O Rincón de Chus, Abbey Road Moda e Xoiería A Caramiña). A responsable municipal de Comercio e Turismo, María José Gerpe, anima a veciños e visitantes a darse cita ás 16.30 na praza do Concello para desfrutar desta pasarela na que os modelos tamén serán locais.

-¿Como foron os preparativos deste desfile?

-Cada negocio leva a súa roupa e tamén se encarga de seleccionar os modelos que lucirán as súas prendas. O Concello apoia todas as iniciativas do comercio, pero quen leva toda a semana traballando e preparando o desfile son os responsables dos establecementos.

-¿Cantos locais estarán presentes no desfile?

-Esta vez participan seis locales. Cinco dos sete do ano pasado e outra máis que abriu este ano. Haberá tendas diversas: roupa, calzado, xoiería... un pouquiño de todo, tamén roupa de nenos.

-¿E para todas as idades?

-Si, desde os máis pequeniños, mesmo case desde que se nace, ata os máis veteranos, e os modelos son todos do concello de Camariñas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«No desfile haberá un pouco de todo»