«Marisol deixa o listón moi alto»

Juan Ventura Lado Alvela
Juan ventura lado CEE / LA VOZ

CAMARIÑAS

j. m. casal

Encarnación Liñeiro Pouso (Edimburgo, 1974) retornou aos 10 anos con seus pais a Camariñas, onde, dende hai 8, é a secretaria xeral dos socialistas e agora tamén a responsable de igualdade na provincia

17 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Encarnación Liñeiro Pouso (Edimburgo, 1974) retornou aos 10 anos con seus pais a Camariñas, onde, dende hai 8, é a secretaria xeral dos socialistas e agora tamén a responsable de igualdade na provincia.

-¿Como acolleu o nomeamento?

-Ir representando a miña comarca na lista do PSdeG da provincia da Coruña é algo do que me sinto tremendamente orgullosa e agradecida ao meu partido. Admiro a capacidade de traballo que ten Marisol Soneira, é unha grandísima persoa e deixa o listón moi alto para os que vimos atrás.

-¿Que expectativas ten?

-Espero que haxa un cambio que de respostas novas aos galegos e galegas, en emprego, en educación e en sanidade. Que haxa un goberno que crea na igualdade, que aposte pola cultura e defenda a nosa lingua. E quero que ese goberno estea liderado polo PSdeG.

Cuestionario

1. ¿Que propostas contempla con respecto á autovía? A autovía é unha infraestrutura esencial para o desenvolvemento social e económico. E necesario e urxente que se faga o proxecto inicial licitado e adxudicado por Touriño.

2. ¿E sobre o Parque do Megalitismo? É importante protexer e poñer en valor o noso patrimonio megalítico, por interese cultural e turístico.

3. ¿Que cre que se pode facer con respecto á pesca? Este goberno non foi quen de defender a flota galega no reparto de cotas ou en solucionar os problemas da pesca artesanal e as mariscadoras.

4. ¿E sobre o agro e o despoboamento do rural? Nos últimos sete anos perdéronse en España máis de mil explotacións gandeiras e máis da metade eran galegas. Necesitamos potenciar tanto o agro coma a pesca, porque a calidade dos produtos das nosas terras e das nosas rías é inmellorable.