Paisaxes de Camariñas

Beleza natural e historia danse cita en paraxes como a enseada de Trece, o Monte Branco e o Cemiterio dos Ingleses


A sección de Xan Fernández Carrera, presidente do Instituto de Estudos Bergantiñáns, en Radio Voz Bergantiños visitou esta semana terras camariñás para recorrer o cemiterio dos Ingleses, a ensenada de Trece e o Monte Branco.

¿Como chegar? Desde Camariñas hai que coller a estrada de Cabo Vilán e desviarse á dereita cara Reira e o Cemiterio dos Ingleses.

Enseada de Trece. Ábrese entre a punta do cabo Veo, ao leste, e a punta do Boi, ao oeste. Trece é unha praia salvaxe formada a súa vez por pequenos areais separados por formacións rochosas. Nas dunas pódense atopar as caramiñas, a pranta que deu nome ao concello. Pódese chegar polo camiño que sae do Cemiterio dos Ingleses.

Monte Branco. A area que o cubre formando a duna rampante máis alta de Europa dá nome a esta cima que permite gozar dunha panorámica espectacular. Hai un carreiro que permite subir pola parte traseira do monte.

Naufraxios. Os baixos perigosos da zona teñen provocado numerosos naufraxios. Cabo Veo e A Cagada: Perranchís (século XIX, veleiro francés), Trevider (1911, carboeiro inglés). Modesto Fuentes (1935, cargueiro español), Alekos (1935, carboeiro grego) e San Fernando (1925, embarcación con base en Camelle); Praia de Trece: dique iugoslavo (1972); Punta do Boi: Iris Hull (1883, vapor inglés, 36 mortos), Serpent (1890, acoirazado inglés, 172 mortos), Preston (1906, cargueiro inglés) e Olimpie (1955, mercante francés).

Cemiterio dos Ingleses. Construido para dar sepultura ás vitimas do Serpent, foi restaurado en 1990, polo seu centenario, e durante moitos anos barcos da armada inglesa rendíronlle homenaxe tirando flores e botando salvas.

«Costa do Solpor». A zona é escenario de varios dos capítulas da novela de Xosé María Lema e da ruta literaria que inspirou.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Paisaxes de Camariñas