A reunión festiva, este vindeiro sábado 11 de xullo, está impulsada polo Concello de Cabana. Das 17.00 horas en adiante!
07 jul 2026 . Actualizado a las 12:44 h.Sábado 11 • Cabana • Historia, cultura e lecer volverán darse a man un ano máis nun dos enclaves patrimoniais de maior singularidade en Cabana de Bergantiños: o castro de Borneiro. Este vindeiro sábado, 11 de xullo, A Cidá volverá á vida nunha nova edición do chamado Castro Animado, a partir das 17.00 horas. O Concello, organizador, anima a veciños e visitantes a participar dunha proposta «que pon en valor un dos xacementos emblemáticos do municipio» e que á vez é un convite «a gozar dunha tarde de convivencia arredor da cultura castrexa».
Os asistentes poderán mergullarse na forma de vida dos antiguos poboadores dos castros mediante variadas propostas lúdicas, dende unha xuntanza e interacción con habitantes doutros castros a unha recreación na croa con Clan de Breogán. Destacado papel terá ademais a gastronomía, de manufactura cabanesa e de par de bebidas castrexas. Artesanía, cerámica, xogos populares con Miudiño e música con Os Farrapos, As Lerchas, As Cantareiras de Anos, Son de Cabana, Felipe Mourelle e Cé Orquestra, así como A Vela Circo completarán o programa. Para grandes e miúdos, esta é unha cita interxeracional.