El alcalde de Cabana: «Por culpa da alza dos prezos temos case tres millóns en obras sen facer»

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CABANA DE BERGANTIÑOS

Ana García

Tres años de mandato | La postura de la oposición: «O PP fai proxectos que se propuxeron dende o BNG». «Priorízase a externalización dos servizos públicos», dice el PSOE. «Nin hai polígono industrial nin novo plan xeral», rritican desde Unidos por Cabana

11 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

José Muíño Domínguez, alcalde de Cabana dende hai 19 anos, fixo unha valoración positiva destes tres anos de goberno municipal pese «á tormenta perfecta».

—Que é para vostede a tormenta perfecta?

—Empezamos o mandato cunha crise sanitaria sen precedentes e cando acadamos certa normalidade nas nosas vidas chegaron o incremento dos prezos da enerxía, dos combustibles fósiles e das materias primas, ademais dos problemas nos suministros. No caso de Cabana podo dicir que por culpa da alza dos prezos temos case tres millóns de euros en obras sen facer.

—Que valoración fai destes tres primeiros anos?

—Creo que, en termos xerais, foron positivos. Rematamos a ampliación do centro de día e só queda a licitación da compra dos equipamentos. En setembro-outubro estará todo rematado. Este mes firmarase a compra da Torre da Penela por 37.000 euros e logo iniciaremos os trámites para a primeira fase da execución dos traballos, orzamentados nuns cen mil euros para consolidar a estrutura e a cuberta. As seis vivendas sociais estarán listas en setembro ou outubro, só queda a compra dos electrodomésticos básicos. Tamén empezaremos os arranxos na gardería, orzamentados en 300.000 euros, uns traballos que, por certo, houbo que retrasar por culpa do aumento dos prezos. O mesmo se pode dicir do plan de eficiencia enerxética. Orzamentámolo en 1,4 millóns e o concurso quedou baleiro. Agora volvémolo a sacar por 1,7 millóns e temos xa empresas interesada. Falamos sempre dun concurso a cinco anos, que incluiría a substitución de dos mil puntos de luz en todo o Concello. Estamos a punto de rematar as obras de ampliación do paseo marítimo nun tramo de 1,1 quilómetros, e iniciamos o expediente de expropiación doutros 2,5 quilómetros, dende o monte de San Sebastián ata Ponteceso de Cabana.

—De que proxecto se sinte máis orgulloso?

—Da ampliación do centro de día porque é un servizo esencial para os nosos maiores e a ampliación do paseo marítimo porque é o verdadeiro eixo vertebrador de Cabana.

—Cales son as súas prioridades ata que remate o mandato.

—Ademais de continuar cos trámites para a posta en marcha do polígono de Nantón, que proxecta a Xunta, o Concello vai poñer a disposición dos empresarios tres parcelas, de tres mil metros cadrados cada unha, no Picón, Cesullas. O opción que plantexamos é a de aluguer con opción de compra e este proxecto sairá a licitación antes de rematar o ano. E tamén adxudicaremos un millón de euros en obras de mellora en estradas municipais.

— En 2023 cumprirá vinte anos ao fronte da alcaldía. Pensa xa na retirada ou quere seguir liderando o PP de Cabana?

—Se os compañeiros e o partido o queren non teño inconvinte en seguir. Pero tamén estou disposto a dar un paso ao lado se alguén quere emprender o seu propio proxecto político para Cabana.

Aspectos positivos y negativos

EN POSITIVO

Cabana es uno de los concellos de la Costa da Morte más saneados desde el punto de vista económico. También destaca por el respeto institucional de sus representantes políticos. A nivel de infraestructuras destaca por su centro de día, toda una referencia en la comarca y que ultima su ampliación para dar servicio a mayores de Cabana, Malpica, Laxe y Ponteceso. A finales de verano o comienzos del otoño el ejecutivo local entregará las seis viviendas sociales. Y por fin, y después de años de propuestas y contrapropuestas, el consistorio se hizo con la titularidad de A Torre da Penela. Además continúa la gran apuesta por la promoción turística a través del Dolmen de Dombate y la puesta en marcha del albergue municipal.

EN NEGATIVO

Cabana sigue sin tener un polígono industrial, aunque desde hace más de tres lustros se habla de una área empresarial en la parroquia de Nantón. El proyecto se encuentra en la actualidad en manos de la Xunta de Galicia, pero no hay visos de que vayan a iniciarse los trabajos en lo que resta de mandato. Un mandato en el que la oposición, sobre todo Unidos por Cabana, vuelve a criticar que el Ayuntamiento, que fue de los primeros en la Costa da Morte en tener un plan xeral, continúe un mandato más sin tener en vigor el planeamiento urbanístico por el que se regirán los vecinos de Cabana durante los próximos 16 años.

ANA GARCIA

«O PP fai proxectos que se propuxeron dende o BNG»

David Cancela García lleva siete años en política municipal (no de forma consecutiva). Es el portavoz del BNG y dejó claro que si las elecciones las gana José Muíño, «perderá Cabana». Al trabajo de estos tres años del PP le otorgó «un suspenso moi grande». Criticó «a falta de empatía e de proximidade cos veciños, sobre todo dos máis maiores, e tamén a desinformación e o descontrol do PP de Cabana durante a etapa máis complicada da pandemia». David Cancela también considera que los grandes proyectos incluidos en el programa electoral de José Muíño «continúan sen desenvolverse» y de otros dijo que salen ahora adelante, pero fueron propuestos por el «bipartito da Xunta». Y citó dos: «Agora fala da ampliación do centro de día, pero o centro de día propúxose dende o BNG durante a etapa do bipartito». Lo mismo se puede decir de las 6 viviendas sociales: «Agora fala o PP das vivendas sociais, pero quero lembrar que o BNG de Cabana elevou unha proposta plenaria ao respecto no 2011 e o PP rexeitouna». Y sobre lo que resta de mandato el portavoz del BNG tiene claro cómo actuará el PP: «A seis meses das eleccións empezarán co asfaltado de estradas. O señor Muíño é un experto nestas cuestións».

David Cancela lleva 7 años, no de forma consecutiva, en política.

Ana García

El PSOE: «Priorízase a externalización dos servizos públicos»

El portavoz del PSOE de Cabana desde el mes de junio de 2019, Juan Ramón Varela, comentó que estos tres años de mandato vinieron determinados por la pandemia: «O covid-19 marcou a política municipal, tanto a xestión do goberno como a da oposición á hora de poder fiscalizar o seu traballo». Lo que sí destacó el representante socialista es la apuesta del ejecutivo local por externalizar ciertos servicios públicos: «Eu son máis partidario da xestión directa porque iso é máis beneficioso para os veciños. Ademais, unha xestión conleva a contratación directa de persoal por parte do Concello. A xestión externa o que fai é que o Concello deixa de asumir responsabilidades mentres as empresas o que priorizan son os beneficios económicos por riba dos intereses dos veciños, e o PP de Cabana insiste nesta fórmula de externalizar parte da actividade municipal».

Juan Ramón Varela, que tiene en la actualidad 59 años, también habló de su futuro al frente del Partido Socialista cabanés: «A miña intención e idea, a día de hoxe, é volver a presentarme. Esa é polo menos a miña intención, pero o de ser candidato dependerá, como sempre do que diga o partido a nivel provincial e os compañeiros e compañeiras da agrupación».

Juan Ramón Dirige la academia educativa Ateneo en Malpica.

ANA GARCIA

Unidos por Cabana: «Nin hai polígono industrial nin novo plan xeral»

Perfecto Vázquez cumple su segunda etapa en la política a donde llegó en 1991 de la mano del PP. Fue edil de 1995 a 2015 y en junio de 2019 regresó para liderar su propio proyecto político: Unidos por Cabana.

«A valoración destes tres anos non pode ser máis negativa porque estamos igual de estancados. Os autónomos e pequenos empresarios marchan e pechan os negocios». Y añadió: «Os grandes proxectos seguen igual que hai vinte anos: sen desenvolverse. Cabana foi dos primeiros concellos da zona en apostar por ter un polígono industrial e vinte anos despois segue sen telo. Moitas promesas si, pero a realidade é que non se avanzou nada. O mesmo se pode dicir do novo plan xeral. O que está agora en vigor aprobouse na época de Manolo Varela en apenas catro anos: empezouse en 1995 e estaba aprobado en 1999. E resulta que o novo, que supón só unha actualización do que temos en vigor, segue sen saír adiante. E xa van vinte anos». Según Perfecto Vázquez, el gobierno local tampoco avanzó en otros temas claves como el saneamiento, «que nestes últimos catro anos apenas mellorou», y otros como a Escola de vela o la Casa do Pendón, languidecen «por falta de actividade e mantemento».

Perfecto Vázquez cumple su segunda etapa en la política.