Matilde Vilariño e Vladimir Litvikh, na entrega de premios Contos de Nadal

La Voz

CABANA DE BERGANTIÑOS

MARCOS MIGUEZ

Hoxe, a partir das 12.00, no Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate

15 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A poeta e artista multidisciplinar Matilde Vilariño, así como o violonchelista de orixe alemán Vladimir Litvikh, ofrecerán sendas actuacións na mañá de hoxe durante a entrega dos premios da décimo quinta edición dos Contos de Nadal, no Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate.

Alberto Pérez, Isaac González, Gaizka Lago, Luana Fondo, Clea Martínez, Anxo Andrade, Clara Pereira, Ainara Cebral, Nuria Pena e Mencía Moure, chegados dende seis centros educativos da Costa da Morte, recollerán esta mañá os recoñecementos que obtiveron polos textos de temática navideña que escribiron para o concurso, convocado por La Voz de Galicia e Radio Voz, co patrocinio de EDP Renovables.

O acto de entrega de premios comezará ao mediodía, co recital, por parte de Matilde Vilariño, do seu poema Dolmen de Dombate, e seguidamente intervirán Juan Rey, representante de EDP Renovables, o alcalde de Cabana e o director de La Voz de Galicia, Xosé Luís Vilela Conde.

Tamara Lema, Eloy Mato e Yago Espasandín animarán o acto coa dramatización da obra «O ladrón de soños», de Sabela Fernández Trelles. E, tras a entrega dos diplomas e agasallos aos dez cativos, o violonchelista Vladimir Litvikh poñerá punto e final á gala con pequeno concerto de despedida. A deste alemán é unha verdadeira historia de superación pois, tras formar parte e participar do nacemento da Orquestra Sinfónica de Galicia, no 1992, agora toca na vía pública para tratar de superar a perda dunha perna e do seu emprego. Toca «para sobrevivir», dicía recentemente, e para tratar de superar un «bache» do destino.

Será un dos momentos máis emotivos da mañá, sen dúbida, como tamén o agasallo que o director de La Voz, Xosé Luís Vilela, entregará a José Antonio Andrade Figueiras pola súa colaboración como xurado do certame este ano.

Coñecendo o dolmen

Como novidade esta edición, e aproveitando as espectaculares instalacións nas que se desenvolverá o acto, tanto os nenos, como os familiares que os acompañen na mañá de hoxe, poderán gozar dunha visita guiada polo Centro Arqueolóxico, que comezará ás 11.30 horas.

Autoridades

Está prevista a asistencia ao acto do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; dun representante de EDP Renovables, Juan Rey; dos alcaldes de Cabana, Fisterra, Zas, Cee, Coristanco y Ponteceso; de la secretaria territorial de la Xunta de Galicia, Patricia Rodríguez Franco; del gerente de la Fundación Eduardo Pondal, José María Varela y de la concelleira carballesa Mar Eirís