«Soa xusto, non? (...) Sen nós, párase medio mundo»

Alumnas del CPI As Revoltas

CABANA DE BERGANTIÑOS

Alumnas do CPI As Revoltas escriben unha carta en apoio á folga de hoxe

08 mar 2018 . Actualizado a las 17:21 h.

As alumnas do CPI As Revoltas apoiamos a folga do 8 de marzo porque cremos nun futuro onde a palabra igualdade cobre sentido, onde unha muller poida ser carpinteira, e un home, amo de casa. Cremos nun futuro onde as nosas fillas poidan xogar con súper heroes, e os nosos fillos, con bonecas. Un futuro no que cobremos o mesmo por facer o mesmo, que gocemos das mesmas condicións laborais. Soa xusto, non? Hoxe apoiamos a folga para defender o noso mañá, romper coas normas impostas pola sociedade e rematar cos obstáculos que nos impiden avanzar.

Consideramos que é hora de rematar cos estereotipos, cos roles de xénero; é hora de que as nenas, rapazas e mulleres teñamos a voz que tanto tempo nos quitaron. Todo influínte na historia tivo unha nai. Sen nós, párase medio mundo.

Carta remitida a este xornal por alumnas de terceiro e cuarto da ESO do colexio CPI As Revoltas de Cabana, en apoio á folga de hoxe.