Encontro interxeracional en Cabana: castañas e Verán de San Martiño

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CABANA DE BERGANTIÑOS

Escolares e usuarios do centor de día participaron nunha festa levada a cabo no pavillón

11 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Boinas e panos cubrían onte as cabezas de moitos pequenos en Cabana. Escolares do CPI As Revoltas, do CRA Os Remuíños e da escola infantil A Casa dos Títeres, ademais de usuarios do centro de día, participaron nun encontro interxeracional ben animado, ao fío do Verán de San Martiño. Tiña que ter sido arredor do dolmen, mais o tempo obrigou a mudar a ubicación polo pavillón. Pese a todo, non faltaron nin as castañas nin a música nin os xogos. Tampouco os divertidos momentos no tren turístico, un deles este da imaxe.