José Manuel López, PP de A Laracha: «Un de cada catro euros van para os servizos sociais municipais»

f. rodríguez / s. g. rial CARBALLO / LA VOZ

A LARACHA

ANA GARCÍA

O alcalde, que aspira a revalidar maioría, destaca o realizado en todas as áreas, malia a pandemia

21 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

José Manuel López Varela (62 anos) é concelleiro do PP dende 1987 e alcalde da Laracha dende 1999. Tras a renuncia de Pequeño en Dumbría, é o máis veterano da zona.

—De novo nas listas.

—Si, para continuar mellorando este municipio.

—Como leva a campaña?

—Ben, habitual, falando coa xente, explicando o nosos proxectos, lembrando o que se leva feito... Foi un mandato atípico, pola pandemia, e aínda así sacáronse moitas iniciativas en todas as áreas.

—Que pode destacar do feito?

—Hai moitos temas. Por citar algúns dos máis importantes, a construción do centro sociocomunitario en Caión, o empuxe aos dous plans especiais de educación (Agra de Leborís, todo o seu entorno); a ampliación das sendas peonís, xa rematando eses sete quilómetros de senda pola AC-552 entre Paiosaco e Lemaio... En vías, rúas, humanización, actuacións no entorno da feira de Paiosaco, no núcleo urbano da Laracha, en Caión. En varias rúas, moitas licitacións sobre a mesa. Por primeira vez hai o problema dos retrasos en execución de obras, polos problemas das empresa de atopar persoal. Temos adxudicadas e sen empezar varias obras por máis dun 1,2 millóns de euros. E outras quedan desertas, como a mellora da piscina, cerca de 135.000 euros. Tamén foi importante o plan de eficiencia enerxética, tanto no alumeado público coma nos edificios municipais. Queda posto en marcha o viveiro de empresas, para os emprendedores, con nave e despacho. No patrimonio, a compra dos terreos do castro de Montes Claros, con traballos á vista de escavación. Tamén o menhir de Erboedo, con intervencións. Estamos coa tramitación do entorno das Torres de Cillobre, e seguiremos coa croa de Santa Baia, castro e restos de campamento romano. E parques infantís, biosaudables, con moito mantemento.

—E actividades?

—Si, non é só ter instalacións, hai que lle dar vida. Hai un volume importante de actividades culturais, deportivas, de ocio e entretemento. E servizos sociais, que representan un de cada catro euros do orzamento municipal. Hai máis horas en axuda no fogar, que levan un millóns de euros. E, en servizos novos, o programa Harmoniza, servizo de canguros, madrugadores, atención temperá (único concello da comarca), axudas á escolarización. Apoio á xuventude, a mocidade, a todos os ciclos de ensino...

«Os proxectos levan o seu tempo»   

—Que lle gustaría que estivera xa rematado?

—Os proxectos levan o seu tempo, hai uns prazos, moitos informes sectoriais, administrativos, que hai que cumprir, por moito que un queira acelerala. Hai grupos sen experiencia de goberno que din que van facer tal cousa en 24 horas. E non: farán o que a normativa permite. E, con isto, temos os plans integrais de emprego, cos obradoiros (duais e de garantía xuvenil). Apostamos pola formación, por que cheguen novas empresas ao polígono. Traballamos tamén na súa ampliación, moi importante, porque estamos esgotando o solo dispoñible, só queda un 18 % por vender. E esa ampliación vai co ritmo que marca a ampliación, é un tema fundamental. E en educación levamos anos demandando a ampliación dos espazos do Agra de Leborís e a implantación de ciclos formativos axeitados.

A LISTA

1. José Manuel López Varela

2. José Ramón Martínez Barbeito

3. Patricia María Bello Canedo

4. María del Rocío López Rey

5. Pablo Cambón Bértoa

6. José Alberto Blanco Veiga

7. María Almudena Martínez Pérez

8. Verónica Pérez Verdía

9. Juan Carlos Amado Collazo

10. Ana Belén Rodríguez Vilas

11. Manuel García Montes

12. Cristina Vieites Calvo

13. Francisco Javier Suárez Liste

14. Begoña Domínguez Patiño

15. Daniel A. Remuiñán Graña

16. Lucía Varela Rabuñal

17. José María Varela Fraga

Suplentes: Roberto Manuel Cotelo Gómez, Jesús Manuel Rodríguez Castro, María Purifiicación García Montes, María del Carmen Serrano Fraga, Soraya García Cotelo, Juan Carlos Pereira Vázquez, Verónica Gómez Barreiro, Jesús A. Abelenda Pose, Estefanía Ramos Montes y Toribio García Rodríguez.

PREFERENCIAS

  • A que hora se ergue? Sobre as 7.15
  • Que almorza? Café con leite
  • Prato preferido: Patacas fritas, ovos e chourizo
  • Que non comería? Insectos, vermes
  • Bebida preferida: Un café
  • Equipo de fútbol: Os tres do municipio
  • Que coche ten? Peugeot 3008
  • Unha afección: A pesca
  • Un lugar: Varios do meu Concello
  • Unha rede social? Apenas o WhatsApp

ARTES E LETRAS

  • Escritora, escritor favorito: Miguel Delibes
  • Último libro que leu: El italiano, de Pérez-Reverte
  • Última película que viu: As bestas e The way
  • Un artista: Picasso
  • Un actor: Luis Zahera
  • Unha actriz: Meryl Streep
  • Un cantante: Moitos: M. García, Sting, Xabier Díaz
  • Tipo de música: Folk, pop, rock...
  • Deporte que practica: A pesca e andar
  • Unha viaxe pendente: Canadá