A Laracha dotará as súas tres bibliotecas de novidades editoriais en galego
CARBALLO / LA VOZ
A LARACHA

O Concello concorrerá a unhas axudas da Xunta para mellorar as súas coleccións bibliográficas
04 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.A Xunta de Goberno Local de A Laracha acordou esta semana concorrer a unha orde de axudas da Xunta para mellorar as coleccións bibliográficas das bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión e para dotalas con novidades editoriais en galego.
Ademais, propuxeron cofinanciar con diferentes liñas de subvencións da Deputación a incorporación de técnicos especializados para o servizo municipal de deportes e para a atención do centro de interpretación de Golmar.