A larachesa Carmen Rodríguez García festexa os seus 102 anos

La Voz

A LARACHA

Recibiu un detalle institucional do Concello. Son xa sete as persoas que superan os cen anos neste municipio

11 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Carmen Rodríguez García, a cuarta persoa de maior idade do municipo de A Laracha, vén de festexar o 102 aniversario. Naceu en San Cristovo (parroquia de Golmar) o 27 de abril de 1917. Viviu durante moitos anos no municipio de Oleiros ata que hai agora dous anos regresou ao Concello da Laracha. Actualmente reside no lugar de A Calvela (tamén, en Golmar), nunha vivenda do matrimonio formado pola súa sobriña-neta, María Jesús Rodríguez, e o seu marido César Verdía. O alcalde, José Manuel López Varela, e as concelleiras Rocío López e Cristina Vieites, felicitárona en persoa e, tal e como é habitual, obsequiárona cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome da Corporación municipal.

 No Concello da Laracha residen actualmente sete persoas que superan os cen anos de vida. Todas elas son mulleres.