Palomi Rodríguez: «Quero que o meu pobo non esmoreza, e que medre»

v. couto / s. g. rial CARBALLO / LA VOZ

A LARACHA

ANA GARCIA

26M: As municipais | De longa traxectoria socialista, formou parte de varias listas locais, autonómicas e nacionais, pero agora é a número un do PSOE larachés

08 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Palomi Rodríguez naceu no cantón de Zúrich no ano 1971. Viviu en Suíza ata os 8 anos, e logro regresou cos pais á Laracha familiar, en concreto á parroquia de Cabovilaño. Traballa no grupo parlamentario socialista, en Santiago, dende hai 13 anos. Foi candidata nas listas do PSOE ao senado, o mes pasado; dúas veces ao Parlamento galego e varias ás municipais: de número dous, tres e seis

-E agora estréase como candidata.

-Si, é a primeira vez que me presento.

-Que a levou a tomar esta decisión?

-Son unha muller que naceu aquí, na Laracha, e coñezo as necesidades da xente, con preparación académica e política, e quero que o meu pobo non esmoreza e medre en todos os aspectos. Non hai nada máis honroso que ostentar a alcaldía de onde eu nacín. Quero axudar aos meus veciños no seu día a día, poñendo todas as facilidades que poida para facer medrar A Laracha como se merece.

-Estivo sempre vinculada ao PSOE.

-Si, dende hai moitos anos. Estou afiliada dende o 2002, pero xa colaboro dende o 2000. Ademais, na miña casa sempre estivo todo o mundo relacionado co PSOE. Meu tío foi un dos fundadores do partido no municipio, así que foi algo que vin dende moi nova.

-Como ve a situación política no Concello ?

-Vivimos dende hai 40 anos as políticas do Partido Popular, en retroceso. Estamos estancados, non avanzamos.

-Cal é a proposta do PSOE para A Laracha?

-Sobre todo, unha política progresista. Quero que o gasto medre nas persoas, e hai que dotar de todos os servizos posibles tanto o rural como as tres vilas, activando as medidas que conleven que a xente nova poida estudar, traballar e vivir na Laracha. Sobre todo, executar accións dirixidas á xente maior. Temos moito rural, xente maior que vive soa, con servizo de asistencia, acompañamento a domicilio, e que fagan da súa vellez unha etapa da vida o máis cómoda posible. Sobre todo, quero que a xente da Laracha poida vivir outra calidade de vida, que progresemos. Estamos rodeados de concellos gobernados polo PSOE e eles medran. En contraposición, temos ao da Laracha, que está en retroceso.

A favor / en contra

  • Cadea perpetua revisable: En contra
  • Aborto: A favor
  • Investigados nas listas: A favor
  • Traslado de restos de Franco: A favor
  • Referendo Cataluña: Dubidoso
  • Acollida refuxiados: A favor
  • Eutanasia: A favor
  • Cambios lei violencia xénero: Matices: algunhas cousas
  • Prohibición fumar praias e piscinas: A favor
  • Casco urbano a 30 km/h: Non tan de acordo

Preferencias

  • A que hora se ergue?: Ás 6.15
  • Que almorza?: Tosta con café con leite
  • Prato preferido: Arroz en todas versións
  • Que non comería?: Caracois
  • Bebida preferida: Auga
  • Equipo de fútbol: Paiosaco
  • Que coche ten?: Audi A1
  • Unha afección: Lectura
  • Un lugar: A Coruña
  • Que tarefas de fogar realiza?: Todas

Artes e letras

  • Escritor favorito: Eduardo Mendoza
  • Último libro que leu: El asombroso viaje de Pomponio Flato
  • Última película que viu: Desayuno con diamantes
  • Un artista: Luis Tosar
  • Un actor: George Clooney
  • Unha actriz: Charlize Theron
  • Un cantante: Sabina
  • Tipo de música: Clásica, sobre todo
  • Deporte que practica: Ando moito
  • Unha viaxe pendente: Andalucía

A listaxe

1. Palomi Rodríguez Castiñeiras

2. Alba Dolores Toba Ferreiro

3. José Martínez Ageitos

4. María Pilar Neira Martínez

5. Eduardo García Pazos

6. Rocío Dios Domínguez

7. José Ramón Sánchez Montes

8. María Hermosinda Esmorís

9. Antonio Federico Álvarez Cisneros

10. José Patiño Esmorís

11. Francisco Rodríguez Freire

12. Paula Rey Regueira

13. Juan Manuel Ramos Varela

14. Laura Lorenzo González

15. Desiderio Rebon Velo

16. María Nelli González Méndez

17. Eladio Verdía García

Suplentes: Dolores Landeira, Santiago López e Soledad Vázquez