«Na Laracha existe unha discriminación entre veciños»

A CARREIRA ELECTORAL | Ernesto Rodríguez, candidato á alcaldía por En Marea: «Está moi difícil acadar á alcaldía, pero o día das eleccións arrincamos todos dende cero»


Carballo / La voz

Ernesto Rodríguez Mariño ten 68 años e é xubilado da Garda Civil, onde permaneceu «corenta anos, un mes e tres días». O seu último destino foi os xulgados de Carballo. Larachés, residente en As Camposas, parroquia de Golmar, acaba de ser elixido candidato á alcaldía por En Marea, nunha asemblea celebrada a pasada fin de semana.

-Como xurdiu a posibilidade de liderar En Marea?

-Fai xa algúns meses. Os compañeiros propuxérono e aquí estou. Cando me xubilei pensei que tería unha vida relaxada e tranquila e agora métome en política [sorrí]. A verdade é que teño moito tempo libre, gústame o proxecto de En Marea e podo dedicarlle todo o tempo que teño. Lembro que, ao principio, cando propuxeron os compañeiros que eu fose o candidato, tiven as miñas dúbidas porque é un mundo ao que non estou afeito, pero unha vez decidido, vou por todas.

-A Laracha parece, en teoría, unha praza difícil polo peso que ten o Partido Popular.

-É certo, é complicado. O alcalde leva moitos anos gobernando é son consciente de que é moi difícil acadar á alcaldía da Laracha, pero eu son optimista por natureza e sempre digo que o día das eleccións partimos todos de cero, logo os veciños decidirán.

-Por que se presenta?

-Porque sempre me gustou a política, sempre tiven esa inquedanza como veciño e persoa.

-Que bota en falla na Laracha?

-Creo que na Laracha dáse unha discriminación entre veciños. Por exemplo, hai focos de alumeado público fronte a moitas casas e outras, sen embargo, non os teñen. O como sucede no lixo. Hai casas que ten contedores preto e outras que os veciños teñen que percorrer máis de 300 metros para botar o lixo. Non é xusto e eu pregúntome por que hai veciños que teñen estes servizos preto das casas e outros, como sucede nas Camposas, non. A que se debe esa discriminación?

Os Novos aspirantes ás Alcaldías

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

«Na Laracha existe unha discriminación entre veciños»