O Otero Pedrayo larachés impúxose nunha nova fase do Ecopreguntoiro

La Voz

A LARACHA

VERONICA COUTO

ECOVOZ 2019 | O centro educativo gañou ao colexio A Ponte de Ourense

11 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O colexio Otero Pedrayo de A Laracha e o A Ponte de Ourense foron os participantes no Ecopreguntoiro deste último venres. Finalmente, a vitoria foi para os laracheses, representados por Paula Martínez, Daniela Montes, Luna Rey, Grabielle Franceschini e Anxo López. Pola banda ourensá participaron Diego Fernández, Aldán Trigo, Mateo Taboada, Lúa Saval e Alejandro González. Este próximo venres, 15 de marzo, os protagonistas serán os colexios San José de la Guía (Vigo) e Plurilingüe La Merced (Sarria).