«O Día da Bici gústame vivilo por dentro»

Melissa Rodríguez
Melissa R. S. CARBALLO / LA VOZ

A LARACHA

ANA GARCIA

A edila de Deportes, Patricia Bello, revela todos os detalles da cita ciclista que chega este domingo a A Laracha

07 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Día da Bicicleta, organizado por La Voz de Galicia e Radio Voz, chega este domingo ás 11.00 horas a A Laracha. Pero antes, a edila de Deportes, Patricia Bello, revela todos os detalles.

-O Día da Bici do seu Concello ten a fama de ser dos máis multitudinarios.

-É un día no que se unen moitas familias para gozar do ocio. Un recorrido sinxelo que favorece que moitos pais e avós veñan cos seus fillos. Iso é o máis bonito. Non é unha competición deportiva senón un paseo, e xa por iso poñemos un autobús ó remate para que, a quen se lle faga demasiado regresar pedaleando, o faga descansando.

-Como é posible que cada ano vaia a máis?

-Porque a afección á bicicleta está crecendo día a día. Vas pola estrada e atópaste con un ciclista cada 5 pasos. Entón, ese incremento tradúcese nunha maior participación no Día da Bici. Tamén o feito de que haxa 5 clubs ciclistas no municipio inflúe, xa só polo seu número de integrantes. Isto tamén reflexa a afección que hai aquí polo emprego da bicicleta. Os mesmos colaboran no Día da Bici axudando a controlar o pelotón e a reparar posibles roturas ou pinchazos.

-No seu caso, ¿adoita empregar a bicicleta? ¿Participa nese día?

-Estou asistindo case todos os anos, sempre que podo. E non só a esa actividade, senón a outras moitas. Gústame vivilas por dentro porque é máis bonito. E este ano espero estar alí tamén. No día a día, a miña relación con este medio é o spinning na piscina municipal.

-¿Como é o percorrido?

-É apto para todos. Ademais, faremos unha parada para repoñer forzas. Será no Monte da Estrela como todos os anos, ao igual que o percorrido será o mesmo, pois xa está consolidado. É todo por estrada: sae da praza do Concello, segue por A Laracha, vai por Paiosaco e remata en Caión; un final espectacular. Mentres baixas, ves a praia: é o mellor momento.

-O feito de que transcorra integramente por asfalto axuda a reivindicar que as estradas tamén son das bicicletas.

-Totalmente. Os coches teñen que respectar ós ciclistas, e estes últimos ós primeiros. Temos que vivir todos en harmonía.