A nova actividade do FalaRedes estrearase na Feira das Cereixas

Xoán Curiel levará a 15 concellos galegos o seu espectáculo musical para nenos «A casa do terror»


Carballo / La Voz

Preto dun ano pasou dende que Xoán Curiel deleitou ao público soneirán cun exquisito concerto nocturno nas Torres do Allo, adaptando xunto con Iris Gey os poemas do Pergamiño Vindel e incorporando tamén algún tema propio. Retornará este domingo á comarca para presentar un novo espectáculo musical infantil ao abeiro do programa de dinamización lingüística FalaRedes. Curiel, xunto coa banda Son+de2 estrearán na Feira das Cereixas de Paiosaco A casa do terror, unha peza dirixida aos cativos de entre 7 e 12 anos, que percorrerá ata setembro quince concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

Foi precisamente o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen presentou onte no Concello de A Laracha esta actividade, tomando tamén parte os músicos Curiel e Jara Ortiz, o alcalde e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López. «Esta nova proposta musical, coa que continúa o FalaRedes 2018, está pensada para dinamizar o uso do galego na rapazada, para ampliar a oferta de lecer na lingua propia de Galicia e tamén apoiar e reforzar a programación de verán nos concellos adscritos á Rede», destacou onte Valentín García.

A primeira cita de A casa do terror -ademais dunha das poucas nas que o acompañará a banda completa- será no marco da Feira das Cereixas de Paiosaco. De acceso libre e gratuíto, o concerto comezará ás 19.30 horas na praza do Campo da Feira.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A nova actividade do FalaRedes estrearase na Feira das Cereixas