«Aínda sinto a resaca na rúa do Premio Nacional de Teatro»

A intérprete chega esta noite a Paiosaco coa obra de Chévere «As fillas bravas»


Chévere abrirá esta noite a Primavera Teatral de Paiosaco (Centro Sociocultural, 21 horas, entrada libre) con As fillas bravas, unha montaxe na que Patricia de Lorenzo comparte escenario xunto a Mónica García e Arantxa Villar para abordar as cuestións de xénero a través dos testemuños de tres mulleres «que tocan e cantan o que lles peta».

-¿Quen son estas «fillas bravas» da obra?

-Trátase dun espectáculo da liña de teatro con perspectiva de xénero da compañía e naceu coa idea de poñer enriba do escenario modelos de mulleres de aldea que cantan e que a través da súa música, das coplas tradicionais, explican e desmontan estereotipos de xénero. Dan un punto de vista de que estamos exactamente  igual que cando elas eran mozas ou mesmo na época das súas nais e as súas avoas, só que agora ten outra aparencia.

-¿Como se prepara unha obra como esta?

-Nós traballamos con improvisacións, pero primeiro houbo unha parte de documentación de coplas, porque todas as que interpretamos son reais ?algunhas incluso de antes do século XIX?, e de selección por temáticas. Manuel Cortes [o autor] e Xesús Ron, na dirección, van elaborando a dramaturxia desde fóra e traballando sobre o papel, pero moitos das frases e das maneiras de dicir son aportacións das propias actrices.

-Vigo, Paiosaco, Oleiros, Teo e de novo Vigo en só cinco días. Parece que viven un bo momento.

-Xa nestes últimos estamos nun momento excelente, de moito traballo e moitas funcións con varios espectáculos porque un dos motivos polo que non paramos é pola diversificación do teatro que facemos.

-¿Aínda segue a resaca do Premio Nacional de Teatro?

-Eu, síntoa sobre toda na rúa porque segue parándome xente, mesmo cruzando un paso de peóns, para felicitarme, pero realmente á hora de chamar e vender os espectáculos non está tendo un efecto especial. Eu creo que se ten algún efecto verase no próximo espectáculo, no que xa estamos coa preproducción.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags

«Aínda sinto a resaca na rúa do Premio Nacional de Teatro»