Cita con Farruco Graña e máis para este xoves na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Farruco Graña, autor de «Eu voun navegar»
Farruco Graña, autor de «Eu voun navegar»

Axenda diaria | Carballo, Dumbría, Laxe e Caión acollen actividades este 5 de novembro

05 nov 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Para este xoves 5 de novembro, citas varias na Costa da Morte. Entre elas:

Carballo • A concellaría de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística programou para as 20.00 horas, nas Escolas Agra de Caldas, a presentación da obra Eu voun navegar (relatos dunha noite de verán), da autoría de Farruco Graña. Estará acompañado de Xan Fraga, historiador. Era esta unha cita prevista na Praza dos Libros, a PLIC, mais non puidera levarse a cabo por unha treboada.

Dumbría • As cinco bibliotecas de Dumbría acollen ao longo deste mes de novembro obradoiros infantís ligados á igualdade. Son talleres para rapazada de entre 3 e 14 anos, con manualidades, contos ou xogos, sempre de 16.00 a 20.00 horas. As citas de hoxe serán nas bibliotecas de Olveira e Berdeogas. De balde.

Laxe • A axenda de outono do Concello de Laxe botará a andar esta tarde cunha proxección de curtas no salón de actos: 20.00 horas. Será unha dobre, con pezas de Giovanna Lopalco e Borja Santomé. Unha vez rematados os pases, haberá un coloquio. A seguinte parada deste outono laxense será o sábado, cun magosto e artesanía no polideportivo.

Caión (A Laracha) • O programa municipal Tempo de lecer contempla no centro social —antiga reitoral— unha sesión de manualidades en familia: 18.00 horas.