Xeal levou o contacontos ao alumno deste colexio, e tamén fixo entrega de exemplares do libro
03 oct 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Case vinte nenos e nenas de entre tres e oito anos, alumnos todos do colexio de Brens, en Cee, puideron gozar onte do contacontos A fábrica da luz. Fixérono da man de Xeal e na Axencia de lectura de Brens, actividade coa que puideron achegarse ao valor da enerxía hidroeléctrica e ao patrimonio industrial da comarca a través da narración. Xeal, por outra banda, fixo entrega de exemplares do libro A fábrica da luz para a biblioteca do centro educativo.