Caión expón o impacto dos plásticos no medio mariño e costeiro 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Os catro paneis instalados na praia das Salseiras, en Caión
Os catro paneis instalados na praia das Salseiras, en Caión .

Unha mostra permanente instalada no areal busca promover hábitos máis responsables

22 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Xa está instalada nun dos accesos á praia das Salseiras de Caión unha exposición permanente dedicada a divulgar o impacto dos residuos plásticos no medio mariño e costeiro. Á vez, a mostra trata de promover hábitos máis responsables.

Instalada polo Concello, a exposición forma parte do proxecto O mar de Caión e o plástico: reflexións dende a praia, de iniciativa municipal e financiado pola Consellería do Mar a través do GALP Costa da Morte. Son catro paneis interpretativos, nunha proposta visual e divulgativa, que tamén convida a pensar no papel que cada un pode ter para mitigar esta realidade. Están elaborados sobre estruturas de plástico reciclado, deseñadas par resistir as condicións ambientais.