Busque nesta pequena guía o seu plan ideal para gozar da xornada. Hainos dende a mañá á noite
04 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O comezo do festival Vimianzo M.O.L.A. ou as festas da Milagrosa, Fisterra e Baíñas, ademais da Semana Cultural da Barca en Muxía, son sen dúbida plans destacados deste venres 4 de setembro. con todo, non será nin de lonxe o único que poida facer hoxe na Costa da Morte. Anote:
Quico Cadaval, na Semana Cultural de Brantuas-Niñóns
Hoxe • A 18.ª Semana Cultural de Brantuas-Niñóns (Ponteceso) avanza hoxe cunha andaina ás 09.00 polas aldeas da volta. Ás 21.00 chegará o mestre da narración Quico Cadaval: non han faltar risas. Hai que sumar a iso a novena das 20.00. Lembre para mañá: concerto de Milladoiro.
The Cerne abre setembro no Lago-Mar muxián
Hoxe • A banda carballesa The Cerne abrirá esta tarde a axenda cultural do mes de setembro no cámping Lago-Mar de Muxía, que vén de ser dada a coñecer. Versións e rock de composición propia nun concerto á beira da praia do Lago previsto para as 19.30, con entrada inversa.
Concertos do Nordés: tripla cita en Corcubión
Hoxe • O ciclo Concertos do Nordés, parte dos Concertos do Xacobeo, chega hoxe ás 21.30 horas á Praza de Castelao. Noite de música con Corte! (Madrid), Apolo 18 (A Coruña) e Martes Mal (Pontevedra). Acceso libre e de balde.
Primeira tarde de xogo co CCA: «A voltas co cole»
Hoxe • O Centro Comercial Aberto de Carballo ten en marcha a campaña comercial A voltas co cole. Aqueles que teñan vales grampados co seu tique poden acudir hoxe á Praza de 17.00 a 20.00 hora spara probar sorte e levar agasallos ou experiencias. Será o clásico xogo de parellas.
Máis festas de outras citas para este venres
Baio • Botan a andar as festas de setembro, con misa ás 13.00 horas na honra da Virxe do Carme e en Baio pequeno. Adro encargarase dos pasarrúas do medidía e a sesión vermú será con Escaparate. Actuará tamén pola noite, con New York.
A Laracha • En Caión, derradeira visita guiada pola vila, con saída ás 12.00 dende a oficina de turismo: inscrición en turismo@alaracha.gal. No Centro de Interpretación dos Muíños de Auga de Golmar, ás 10.30, obradoiro infantil Embarr-arte, para pequenos de 5 a 12 anos, con inscrición.
Vimianzo • O ciclo Recunchos avanzará esta noite coa Noite de Petros, unha andaina de 4 quilómetros con saída da Praza ás 21.30 e guiada polo colectivo A Rula. Irán aos de Somontemío, Cruz do Loureiro e Prado da Cruz.
O Esto (Cabana) • Aquí abren as celebracións por San Ramón cunha verbena a cargo da orquestra Panorama City e da discoteca móbil CDC. Ao grande, pois.
Fisterra • Fará parada hoxe na vila o proxecto artístico O Noso Camiño, iniciativa do fotógrafo Adolfo Enríquez para recoller impresións de peregrinos e veciños. Dende as 10.30, na Praza da Constitución.
O Ézaro (Dumbría) • Nova oportunidade para gozar do espectáculo audiovisual na fervenza: 22.00 horas.
Queixas (Cerceda) • As celebracións nesta vila botan a andar ás 21.30 cunha gran cea veciñal, amenizada dende as 23.00 pola orquestra Galaxia e Impacto.
Xoane (Carballo) • Sardiñada y churrascada dende ás 22.00 e verbena cunha orquestra xa de ben longa traxectoria, a Compostela.
Serantes (Laxe) • Comezan tres días de festa. Dende as 21.00, churrascada e outras viandas. Dende as 23.30, música con José Manuel Abanico e Mar de Caión.