Xosé Lois Romero, nomeado Bo e Xeneroso de Honra 2026 pola Fundación Eduardo Pondal

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Xosé Lois Romero, nunha actuación no Couto, en imaxe de arquivo
Xosé Lois Romero, nunha actuación no Couto, en imaxe de arquivo BASILIO BELLO

O músico recibirá esta distinción na vindeira edición das Festiletras, en agosto

24 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Pola súa «extraordinaria achega á música tradicional galega», a Fundación Eduardo Pondal honrará a Xosé Lois Romero coa distinción de Bo e Xeneroso de Honra na próxima edición das Festiletras, no vindeiro mes de agosto.

Percusionista, compositor e incansable creador, Romero «leva decenios reivindicando a riqueza da percusión tradicional», din dende a fundación, engadindo que «co seu traballo, revolucionou a maneira de entender a percusión popular galega, explorando novas linguaxes sen renunciar á súa raíz e inspirando a toda unha xeración de músicos».