O centro vén de obter o primeiro posto no certame «Inspiraciencia», promovido polo CSIC: fíxoo coa peza «Bailando con partículas subatómicas»
08 jul 2026 . Actualizado a las 14:17 h.«A ciencia e a arte poden unirse para divulgar o coñecemento dunha maneira innovadora, creativa e accesible». Así o indican dende o instituto Maximino Romero de Lema de Baio e así o vén de acreditar o primeiro premio de danza obtivo por este centro no certame Inspiraciencia, promovido polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). O galardón chegou grazas á peza Bailando con partículas subatómicas, coa que rapazada do IES foi quen de explicar a evolución dos modelos atómicos a través da expresión corporal e a danza.
Organizou o departamento de Física, baixo a coordinación dos docentes Begoña Raña e Pablo Mira, coa participación dos alumnos Alicia, Laura e Nuria (4.º de ESO) e Carmen, Lara, Mateo, Constanza, María, Emmanuel, Manuel, Nico, Miguel, Nazaret e María (1.º de Bacharelato). Gravaron a peza na carballeira do instituto e o galardón vén a ser magnífico colofón a un curso intenso. Agradece o Maximino a colaboración de Adro, en especial a Diego e Martina, que cederon os traxes para a gravación.