«El Algoritmo», a estrea literaria de Carlos Reino

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Título da obra debut de Carlos Reino Veciño
Título da obra debut de Carlos Reino Veciño .

Coa súa novela acadou os primeiros posto de vendas en Amazon días atrás

08 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Vén de debutar na escrita Carlos Reino Veciño, un trader (comerciante, inversor) de materias primas ligado ao municipio de Coristanco. Declara cumprido un soño con esta súa primeira novela, El Algoritmo, unha historia con ritmo de thriller que mestura mercados financieiros, intelixencia artificial, proporción áurea e o maior descubrimento da humanidade. Como protagonista, Carlos Vidal. A escrita, os mercados financeiros e as matemáticas son tres paixóns do autor que conflúen nesta obra que en cuestión de días foi capaz de situarse no «top» de Amazon nas categorías de novidades e ciencia ficción.